Amosando publicacións coa etiqueta Ciencias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciencias. Amosar todas as publicacións

23 de xuño de 2021

Despedida científica

Co título Despedida científica (toda unha declaración de intencións), a profesora de Bioloxía, Raquel Honrubia desenvolveu unha actividade de achegamento do alumnado ao mundo da ciencia. 

Raquel explícanos dun xeito claro o proceso: O último día de clase, o alumnado de 4º da ESO tivo unha "Despedida científica" na que a temática xirou arredor da molécula de ADN. Tras comentar algúns datos curiosos desta molécula, así como as principais aplicacións do seu estudo no eido da xenética, os tres grupos realizaron unha extracción de ADN caseira, con materiais presentes en calquera cociña que se prece (xabón, sal...).  Con esta pequena práctica, o alumnado puido ver que se pode facer ciencia e comprender procesos moi relevantes a nivel biolóxico sen grandes medios materiais.

Desde o Toc-Toc-A-Ciencia aproveitamos a nova desta actividade para render unha pequena pero sentida homenaxe a Raquel pola súa total entrega e profesionalidade. Foi todo un pracer. Moita sorte, a porta sempre estará aberta para ti.

 












 

30 de maio de 2021

Pandemias : o libro

 


E non podía faltar o libro sobre o Proxecto Pandemias:

Pandemias : a exposición

Xa podemos ver a exposición Pandemias no recibidor do instituto, que nos achega información escrita e visual sobre a pandemia actual e as medidas de prevención xerais, así como das trolas que hai arredor das vacinas e do que redes socias como Instagram reflicten ao respecto; ademais dunha recreación dos virus en maquetas, de murais informativos, dun percorrido polas máis sobranceiras pandemias da historia, do reflexo na literatura da problemática das doenzas en xeral e, por último, unha recreación artística das pandemias ou enfermidades en xeral.
Parabéns ao alumnado participante e ao profesorado coordinador do proxecto: María Armada, Mar Espinosa, Luís Guitián, Raquel Honrubia, Uxía Nogueira, Marta Otero e Alba Payo.
A seguir unha reportaxe gráfica da exposición do noso fotógrafo oficial Carlos:





 E o vídeo Lavado de mans correcto, realizado por alumnado de 2º FPB.