Como diciamos na entrada do 9 deste mes, catro grupos de alumnado do noso IES participou nesta edición en liña de Galiciencia.
Pois ben, onte recibimos a boa nova de que un deles foi merecedor dunha Mención. O proxecto "Teiki - Aplicación de pedidos para cafeterías escolares" acadou a "Mejor valoración popular".
A Andrea Estefanía Solís e Laura Cancela Castro (na foto), e ao seu titor Antonio Javier Lozano Formoso, os nosos parabéns.
Premendo aquí podedes ler a nova no Faro de Vigo.
Ademais en La Voz de Galicia podedes ler a entrevista reportaxe que lle realizaron.
A seguir tedes o vídeo de presentación do proxecto:
Ningún comentario:
Publicar un comentario