25 de xaneiro de 2018

Con B de Ciencia (1) : The Manhattan Projects


Queriamos dicir BD con Ciencia, pero trabucámonos e ímolo deixar así: Con B de Ciencia (Con BD Ciencia) atende ao noso gusto polo xogos de palabras. A iniciativa partiu da Marela B e trátase de ir presentando obras de banda deseñada relacionadas coa ciencia. Xeralmente serán de corte divulgativo e/ou biográfico, pero xa esta primeira nos advirte de que haberá excepcións.


Ben sabedes que o Proxecto Manhattan foi un proxecto científico impulsado polos EUA para a investigación e o desenvolvemento que, entre outras cousas, produciu as primeiras bombas atómicas.


Ben o sabedes, pero iso non é máis que a verdade oficial. Jonathan Hickman descubriu, en 2012, que o tal proxecto só foi unha tapadeira doutros moitos nos que estaban implicadas figuras centrais da ciencia e a política do século XX.

Estea ou non no certo, do que non se dubida é de que The Manhattan Projects é un cómic divertidísimo que pon patas arriba algunhas das maiores xenialidades científicas e persoeiros político-militares do século pasado.


As tramas perfectamente trazadas, o humor absurdo, o enxeño ao bordo do disparate, a parodia total... caracterizan os guións de Hickman.

O traballo aos lapis, distorsionado e caricaturesco, de Nick Pitarra está en total consonancia.


Se vos parades a indagar quen son os personaxes que van aparecendo ou as ideas científicas referenciadas, divertirédesvos moito máis. Pero tampouco fai falta saber quen son Robert Oppenheimer, Albert Einstein, Richard Feynman, Enrico Fermi, William Westmoreland Harry Daghlian Wernher von BraunLeslie Groves Franklin D. Roosevelt, Lyndon B. Johnson, Harry S. Truman, Yuri Gagarin Helmutt Gröttrup, Dmitriy UstinovJohn F. Kennedy ou a mesma cadela Laika, porque a obra xa se encarga de crear o seu propio e desquiciado mundo que vos acabará atrapando.


Xa sabedes que as atopades na biblioteca e que a Marelabe vos remite a diversas opinións e informacións sobre os tomos publicados por Planeta:

Los proyectos Manhattan [1]
Los proyectos Manhattan [2]
Los proyectos Manhattan [3]
Los proyectos Manhattan [4] : Lo hicimos
Los proyectos Manhattan [5] : Perro espacial
Los proyectos Manhattan [6] : El sol más allá de las estrellas.

 

 








Ningún comentario:

Publicar un comentario