Tras case un curso de construción e ensaios, o mércores 11 de outubro estreamos a montaxe Mulleres que fan historia: Marie Sklodowska Curie.
Neste proxecto participaron arredor de corenta persoas e o resultado non puido ser máis satisfactorio.
Desde aquí queremos dar os nosos parabéns a todos e a todas, especialmente aos actores principais Lorenzo e Rosa.
Teatralización, presentación de diapositivas, historia(s), interpretación de músicas dos anos vinte, danza e entusiasmos diversos foron tecendo a biografía de Marie Curie ao longo de cincuenta curtos minutos.

Velaquí, unha brevísima reportaxe fotográfica:
Ao fondo, a nosa interpretación do 5º congreso Solvay: 28 mozas e un mozo, na maior concentración de xenialidades da historia. No primeiro plano, Rosa. |
Marie Curie, interpretada por Lorenzo, acompáñounos no percorrido pola súa biografía. |
Einstein tivo o seu momento e mesmo nos mostrou, a través do violín de Nerea, que era un apaixonado violinista. |
Profesorado e alumnado do III Liceum de Zielona Gora (Polonia) que participan nun intercambio connosco, compartiron espectación con 1º de BAC. |
Aquí o programa do evento e unha sinopse da obra:
E aquí a presentación que acompañou á representación teatral:
Dirección e guion: Ana Reboiro
Presentación con diapositivas: Verónica Peña
Organización do concerto: Almudena Mosquera
Ningún comentario:
Publicar un comentario