Un ano máis, alumnos do noso centro asistirán a campus científicos en periodo estival.
Rubén Ferreiro Arias superou a nota de corte necesaria para participar no Campus Científico de Verán 2016, unha iniciativa da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e do Ministerio de Educación Cultura e Deporte. Xunto a outros participantes de toda España, acudirá do 3 ao 9 de xullo á Universidade de Salamanca para traballar no campo da intelixencia artificial.
Xaime Blanco Vilariño volverá a próxima semana ao Campus Xuvenciencia da USC en Lugo, esta vez no programa para alumnos veteranos. Alí reunirase con estudantes de toda Galicia para disfrutar dunha intensa semana de conferencias, visitas guiadas e actividades experimentais no laboratorio.
Rubén e Jaime na biblioteca, xunto a nosa concoespiral. |
Carlos Meixide (Campus Cientifico de Verán 2014, Madrid).
Yolanda López (Campus Científico de Verán 2015, Vigo).
Rubén Ferreiro (Campus de Profundización Científica 2015, Soria).
Ningún comentario:
Publicar un comentario