por Jaime Blanco Vilariño
Era martes, a pesares de que a visita estaba prevista
para o xoves, as condicións non serían axeitadas, polo que alá estabamos, a iso
das oito e media da noite, no museo municipal Ramón María Aller Ulloa, á beira
do observatorio astronómico. Previamente, o edificio cumprira unha función
bastante diferente da que agora desempeña como museo. Fora o lugar de
residencia da familia do propio Don Ramón, matemático e astrónomo lalinense.
Xa todos sentados, iniciouse a interesante charla sobre as populares estrelas dobres, os cálculos aplicables á busca de novos planetas asociados a elas debido á diferenza de masas, e unha chea de cousas nas que non entrarei en detalle, posto que iso é fariña doutro fol.

Tras a charla do profesor Docobo, procedemos a unha breve, aínda que interesante visita á exposición que o museo dedica ao quincuaxésimo aniversario do falecemento de D. Ramón Aller, mentres esperabamos a que as estrelas fosen aparecendo no escenario, o ceo nocturno.
Da man de Pedro Pablo Campo, comezamos polo coloso brillante do noso sistema solar, non o Sol, senón Xúpiter,
e varios dos seus satélites galileanos.
Entre eles atópase Ío, unha masa
rochosa chea de lava, que sofre continuas erupcións. Demostrouse que a enerxía
que as produce procede das mareas de lava causas das pola influencia gravitacional
de Xúpiter
e os outros satélites próximos. Súa irmá Europa,
polo contrario, aparece cuberta de xeo, e a súa superficie presenta poucos
cráteres, cousa que fai pensar aos científicos que tal vez exista unha xigantesca reserva de auga baixo unha espesa capa de xeo. Tamén e posíbel
a presenza de osíxeno. Semellante a Europa, aínda que dun tamaño moi
superior atopamos a Ganímedes, que
presenta unha reserva aínda maior de auga baixo a súa codia sólida.
Despois de o contemplarmos todos os do meu grupo (de dous que había), admiramos a estrela dobre que recibe o nome de Iota cancri, pertencente ao sistema cáncer, e formada por unha anana branca de superficie moi quente (+8000ºC) e unha xigante amarela equivalente á suma de dúas masas solares e unas dezaseis veces máis refulxente ca o noso astro rei.
Así vimos Xúpiter e as súas lúas |

Tras dunha pequena charla baixo a cúpula móbil
que acubilla o telescopio, e de termos atopado resposta ás nosas insistentes
preguntas, demos por rematada a satisfactoria visita.
Ilustracións de Andrea Fernández Ramos.
Fotos de Francisco Otero.
Ilustracións de Andrea Fernández Ramos.
Fotos de Francisco Otero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario