Pois non houbo grandes queixas, máis ben todo o contrario: a xente atopoulle chiste a iso de "producir un sinal de saída capaz de provocar un efecto no contorno".Sensores de temperatura, luz, posición, ruído, humidade, presión, contacto... producían o sinal.
Como digo, todo ben, agás cando o sinal era o sonoro, é dicir, un zunido que semellaba furar nos tímpanos de quen pasaba e facía as delicias dalgún animaliño que ata entón non lle atopara o seu aquel á electrónica.
Polo demais, vaian os nosos parabéns a Xabier. Aquel taboleiro cheo de cables e chismes, coa súas primitivas mans de Frankenstein, foi moi admirado polos do bacharelato artístico. Vaia artistada! Por fin entenderon o da "arte povera"...
Tamén é certo que isto é Toc-toc A Ciencia e que, na que vai, pouca máis ciencia restará que a "scienza povera"

Ningún comentario:
Publicar un comentario