10 de marzo de 2021

8M. A historia e a ciencia en feminino : Reportaxe gráfica

Coraxe de muller. A seguir unhas instantáneas do Encontro con Rosalind Franklin e María Blasco que formaron parte das 13 mulleres caracterizadas que nos visitaron para conmemorar o 8 de marzo e informar sobre A historia e a ciencia en feminino:


Rosalind Franklin e Mar-Rosalind Franklin

Na aula en compaña de María Blasco e diante dos carteis

María Blasco reencarnada en Raquel

Defendendo con paixón a causa da Ciencia

8 de marzo de 2021

8 de marzo : Día Internacional da Muller

Ao fío da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, xurdiu por parte dun grupo de profesoras a idea de reivindicar o papel da muller na historia a fin de fomentar a educación en igualdade de cara á eliminación das diferenzas de xénero.

A actividade, 13 mulleres que escribiron a historia en feminino, consiste en iren as profesoras caracterizadas polas aulas explicando a figura feminina elixida. E no ámbito científico contaremos coa caracterización de María Blasco e Rosalind Franklin, que tiveron que desenvolver as súas profesións nun marco radicalmente machista.



 

 

 

 

19 de febreiro de 2021

Termos esenciais de vacinas e termos relacionados coa pandemia da COVID-19

O Servizo de Normalización Lingüística da USC vén de presentar un vocabulario en liña de rexistros do ámbito dos antíxenos e da inmunización, que complementa o relacionado coa pandemia da COVID-19.

Na web de GCiencia lemos que "Termos esenciais de vacinas é unha listaxe de denominacións integrada por 125 rexistros de bUSCatermos que describen conceptos relacionados co ámbito dos antíxenos, as súas tipoloxías e as campañas de inmunización. O Servizo de Normalización Lingüística da USC acaba de publicar en liña este vocabulario logo de impulsar a fins de 2020 outra lista de rexistros nutrida con case 200 termos relacionados coa pandemia da COVID-19 nas súas vertentes sanitaria e epidemiolóxica".


 

12 de febreiro de 2021

11F. Mesa redonda e As ciencias escríbense en feminino


A seguir unhas imaxes dos actos celebrados no centro o 11F para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, coordinados polas profesoras Natalia Fernández e Raquel Honrubia, respectivamente:

Mesa redonda online coa participación de científicas de distintos ámbitos que falaron sobre as súas experiencias e os seus traballos de investigación, así como das oportunidades de futuro ao alumnado de 1º do Bacharelato de Ciencias.





  

As ciencias escríbense en feminino”, xornada divulgativa en liña para conmemorar a efeméride do 11F, que tivo como destinatario o alumnado do STEMBach (1º e 2º).