GCiencia proponnos "dez libros sobre viaxes e ciencia para ler (e soñar) durante o confinamento". Sen dúbida ningunha unha iniciativa que nos permitirá viaxar sen saírmos da casa cargados coa mochila do coñecemento.
Desde un clásico da literatura de viaxes, "Viaxe dun naturalista arredor do mundo" de Charles Darwin; ata "Aventuras dun mozo naturalista" de David Attenborough.
Preme na imaxe para ver as dez suxestións propostas para "viaxar coa imaxinación":
Imaxe: turismo.gal
El enigma Agustina (IAA-CSIC): imprescindible historia.
Quen é esa tal Agustina, primeira doutora de Física en España, que mantiña correspondencia con Marie Curie e Einstein?
Como é que a súa descoñecida tese e outros documentos chegaron a un baúl propiedade de Franco?
Comprobádeo. É unha acertada historia de historias reais.
El Enigma Agustina from IAA-CSIC on Vimeo.
Rematado o labor de montaxe así de vistoso quedou o "Arco da vella de π", acompañado da exposición conmemorativa do Día de π con carteis alusivos á Historia do número π e ás súas aplicacións no día a día:
Ademais dun tríptico sobre os grandes xenios das Matemáticas:
Xa estamos coa montaxe da exposición conmemorativa do Día Internacional de π, mes 3 e día 14.
Nas fotos a seguir vemos o entusiasmo na composición do "Arco da vella de π" no que cada número ten a súa cor:
E tamén na montaxe dos "Matexogos":