11 de marzo de 2020

Día Internacional de π

Rematado o labor de montaxe así de vistoso quedou o "Arco da vella de π", acompañado da exposición conmemorativa do Día de π con carteis alusivos á Historia do número π e ás súas aplicacións no día a día:





Ademais dun tríptico sobre os grandes xenios das Matemáticas:

7 de marzo de 2020

Día de π

Xa estamos coa montaxe da exposición conmemorativa do Día Internacional de π, mes 3 e día 14.
Nas fotos a seguir vemos o entusiasmo na composición do "Arco da vella de  π" no que cada número ten a súa cor:










E tamén na montaxe dos "Matexogos":












6 de febreiro de 2020

O Encontro con Ana María Otero Casal, investigadora da USC

Ao fío da conmemoración do 11F, o mércores 5 de febreiro tivemos a sorte de contar coa investigadora da USC Ana María Otero Casal, que nos mergullou no arcano mundo da microbioloxía, logrando espertar as ansias de saber do alumnado.

De xeito moi ameno relatounos o seu labor de investigadora no campo do deseño de pensos funcionais e de crecemento para peixes e crustáceos, da causa da resistencia aos antibióticos, do deseño de medios nutritivos e técnicas de produción de microalgas en cultivo axénico, do Quórum Sensing en patóxenos multirresistentes e inhibidores da comunicación bacteriana, do desenvolvemento de novos antimicrobianos para o tratamento de enfermidades orais, de novos probióticos para a acuicultura etc.; demostrando a importancia presente e futura da Microbioloxía.

A seguir unha breve selección de fotografías do encontro e da exposición complementar: