Ao fío da conmemoración do 11F, o mércores 5 de febreiro tivemos a sorte de contar coa investigadora da USC Ana María Otero Casal, que nos mergullou no arcano mundo da microbioloxía, logrando espertar as ansias de saber do alumnado.
De xeito moi ameno relatounos o seu labor de investigadora no campo do deseño de pensos funcionais e de crecemento para peixes e crustáceos, da causa da resistencia aos antibióticos, do deseño de medios nutritivos e técnicas de produción de microalgas en cultivo axénico, do Quórum Sensing en patóxenos multirresistentes e inhibidores da comunicación bacteriana, do desenvolvemento de novos antimicrobianos para o tratamento de enfermidades orais, de novos probióticos para a acuicultura etc.; demostrando a importancia presente e futura da Microbioloxía.
A seguir unha breve selección de fotografías do encontro e da exposición complementar:
O CSIC ofrece a toda a comunidade educativa un Calendario científico escolar, froito da colaboración coa Universidade de León e un amplo número de profesionais da educación e voluntariado diverso.
Entre as institucións colaboradoras destacan os Museos científicos coruñeses.
Premede na imaxe para poder baixar o calendario.
Ao
fío da conmemoración do Día Mundial da Sida, o 1 de decembro,
podemos ver no recanto do Toc TocA Ciencia o traballo feito polo
alumnado do STEMBAC o pasado curso, sobre o virus da inmunodeficiencia
humana, o VIH.
O
mesmo consta dun mural coa representación do ciclo biolóxico do virus,
unha maqueta coa súa estrutura molecular, acompañado dunhas pequenas
biografías dos seus descubridores.
A seguir unha mostra gráfica: