31 de xullo de 2019
25 de xuño de 2019
Proxecto Fitofaladoiro
Como ramo ao traballo comezado xa no curso 2017-2018 e baixo a etiqueta de Ano da botánica, o alumnado de 1º ESO desenvolveu baixo a coordinación do profesor Luís Guitián o Proxecto Fitofaladoiro,
unha mostra de herbario dezao coa finalidade de potenciar o labor
investigador do alumnado dentro do ámbito colaborativo e
interdisciplinar alicerzado na botánica e na fitotoponimia.
Nome da planta, lugar, informante... son algúns dos datos recollidos para a conformación do herbario por parte do alumnado.
A seguir unhas fotos da exposición:
Nome da planta, lugar, informante... son algúns dos datos recollidos para a conformación do herbario por parte do alumnado.
A seguir unhas fotos da exposición:
8 de xuño de 2019
I concurso de Ilustración Científica
Convocado polos departamentos de Bioloxía e
Debuxo do IES Ramón Mª Aller Ulloa celebrouse o I Concurso de Ilustración Científica dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato do centro.
O xurado integrado por ambos os departamentos decidiu outorgar o 1º premio do certame a Luisa María Zuloaga Garcés e un 2º premio a Ana García Lois, ambas alumnas de 2º de Bacharelato. Así mesmo, o xurado destacou a calidade das ilustracións.
A seguir as fotos do acto de entrega ás premiadas cos espazos na Biblioteca de Ciencia e Arte como fondo, asi como as ilustracións seleccionadas expostas no vestíbulo, coas gañadoras como protagonistas:
Tamén podedes ver as ilustracións premiadas e as finalistas en formato dixital:
5 de xuño de 2019
22 de maio de 2019
Recital-concerto: 50 anos da chegada á lúa.
Na Biblioteca, celebraremos un "Recital-concerto" para conmemorar a chegada á Lúa.
Preme aquí para ver o programa do evento.
Preme aquí para ver o programa do evento.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












