3 de xuño de 2016

Exposición sobre D. Ramón Mª Aller Ulloa

Continúa a exposición sobre D. Ramón na entrada do Instituto. Nela encontraremos:
  • Unha seleccion dos manuscritos doados por D. Vitorino Gutiérrez, no 2009.
  • Unha biografía  de D. Ramón realizada e ilustrada a man por Natalia Fernández.
  • A bibliografía de D. Ramón, na que se inclúen algunhas primeiras edicións e manuscritos inéditos. 
  • Unha selección de fotos realizadas ou relacionadas co noso sabio cedidas polo Museo de Lalín. A maior parte delas rescatadas por Cecilia Doporto e restauradas por María Alejos.
  • Un exposición vídeo-bibliográfica dos fondos da biblioteca sobre astronomía.



 
 

1 de xuño de 2016

Premios do Concurso de reloxos de sol

O pasado luns déronse a coñecer os equipos gañadores do Concurso de construción de reloxos de sol, unha actividade toc-toqueira coordinada polo departamento de matemáticas.
Lectura da acta.


O primeiro premio ex-aequo foi para o trío constituído por David Fernández Sucasas, Antonio García Pereiro e Miguel González Golmar e o cuarteto que integraron Alex Ledo Lançao, Alfonso Manuel López González, Iker Nuñez Silva e David Saavedra García.




O terceiro premio correspondeulle a Iván Iglesias Vázquez, Hugo Pérez Nieves, Roi Rivas García e Aarón Rodríguez Mosquera.


 
Parabéns a todos!

CienciAtiras (12) : Ciencia e mercado.

Piedra

de en La pulga snob.

31 de maio de 2016

Proxecto Equinoccio

Os alumnos de Cultura Científica de 1º de bacharelato estiveron traballando na clase, dende o primeiro trimestre, en pequenos proxectos relacionados coa astronomía.

Como sabedes, en 2016 conmemoramos o 50 aniversario do pasamento de D. Ramón Aller Ulloa, o astrónomo lalinense que dá nome ao noso centro e do que podedes visitar estes días a exposición que temos montada na entrada do instituto.

Móstrovos aquí un dos traballos realizados, o Proxecto Equinoccio, impulsado por Kevin Martz, profesor de física en Montgomery (EEUU). El e mais o resto de participantes son alumnos e profesores de varias escolas de catro continentes que tiven a oportunidade de coñecer no High School Programme do CERN en 2014.

Nesta presentación podedes consultar o procedemento que seguimos...


...e aquí algunha fotografía.







18 de maio de 2016

Reloxos de sol (unha mostra)

Mentres esperamos a resolución do xurado do concurso de reloxos de sol, podedes ir vendo algunhas mostras dos que xa levan expostos unha semaniña longa.