16 de outubro de 2013

Club de lectura "O teodolito"


Ben sabedes que o instrumento preferido de Don Ramón Aller era o teodolito Troughton & Simms. Por iso escollemos ese nome para o noso club de lectura de ciencias.

É un club no que propoñeremos todo tipo de documentos (libros, filmes, banda deseñada, páxinas na rede...) sobre un tema relacionado coa ciencia e/ou a tecnoloxía para charlarmos sobre el.

Inscríbete antes do venres 25.

4 de setembro de 2013

Gustaríame crer..., por Carl Sagan e Gavin Aung Than


Humanismo, ciencia e divulgación. Carl Sagan é, sen dúbida, un dos rostros cos que o século XX ilustra esas tres ideas.

Gavin Aung Than é o autor da BD que aquí vedes. El mesmo se refíre a Carl Sagan como "o profesor que nunca tivo" e explícanos a procedencia da cita que a inspira: un artigo da revista Parade, de 1996, redactado desde o hospital, ás portas da morte (finou o 20 de decembro, dese ano).

As palabras de Carl Sagan e as liñas de Gavin Aun Than son sempre as nosas, e máis o son aínda nestes días de bulicio bélico.


Uploaded with ImageShack.us
 
 [A tradución é de Manuel Conde]

18 de xuño de 2013

e a miñoca naceu...

Vaia, en realidade van dúas..., mellor dito, tres. Á primeira miñoca ceibárona nada máis nacer no laboratorio de ciencias  e xa non volvemos saber dela.
Entre Berta e Balea fixeron por fotografar e gravar o nacemento da segunda, Monchiña.
Esta xa é a terceira, Monchiña II.
Os medios son algo inferiores aos da National Geographic, pero a nós chístanos. Mirade a ver se distinguides ovo, miñoca e reflexos. 

13 de xuño de 2013

Sistemas pneumáticos


Quedábanos a penúltima do curso. Foi unha interesante exposición para sabermos, entre outras cousas, que estamos rodeados de sistemas pneumáticos.

 
Entendemos os principios da pneumática e puidemos experimentar no "gran chintófano azul" que nos puxo Xabier:
 


 
 

6 de xuño de 2013

Toc-toca: música con vasos de auga

Gonzalo Otero de 4º e
Nicolás Varela de 1º de Bach 
Xa está rematando o curso e para festexalo aquí vos deixo un pouco de música, froito do proxecto conxunto entre os departamentos de Física e de Música.
Unha pequena presentación introdúcenos os conceptos básicos de ondas e, cunhas breves indicacións, saberemos como construír un instrumento musical con vasos de auga.
Nos videos, os alumnos do bacharelato musical Martín Falero e Brais Pérez e a profe Almudena interprétannos dúas pezas. A primeira é unha versión do tema Summertime de Gershwin e a segunda, unha melodía composta por eles mesmos.