20 de novembro de 2014

Ao fío do encontro con Ramón Cid

Por Carlos Meixide
Foto: Tamara Seijas

É tan vella coma o humano en si a tendencia de xogar a algo sen saber a que se está xogando. De aí que un dos "telos" de Occidente foi, en boa parte da súa Historia, evitar este comportamento ético. Porén, semella que adoramos a Rembrandt ou aos Beatles; ás figuras que nos causaron ao longo dos séculos un pracer estético. Mais ninguén se lembra de Marie Curie ou Faraday e os seus periplos, verdadeiros mestres aos que Ramón Cid aludiu na súa maxistral conferencia. Abofé que aí fica o paradigma: as persoas son números, pero non todas son compatibles con eles e, por conseguinte, non comprenderán o xogo se este leva as matemáticas por detrás. Fálase de enerxía nuclear e pensamos en algo sobrenatural, un ente divino e excelso que nos permite visualizar o nocello que escordamos ou ver como a nosa futura descendencia se revolve antes de vir ao mundo nun monitor; mesmo alumar os nosos fogares nas noites escuras.


Emporiso, cómpre facer unha escisión sintáctica no concepto. Con números de fondo, enténdese por enerxía a capacidade física para exercer un traballo, isto é traducido, causar desprazamento (agás en termodinámica, que non é de natureza mecánica); mentres que nuclear fai referencia a tal parte do átomo. De resultas, a enerxía nuclear orixínase dende unha das catro interaccións fundamentais da natureza, a forza nuclear forte (responsable de manter unidos protóns e neutróns), ora rompéndoa (fisión), ora causando a súa aparición (fusión). A primeira forma é a que ata agora traballou da man da ciencia. Foi inherente para o postulado da existencia do ADN, o achado biolóxico máis importante do século XX; pero así e todo tamén serviu para pór fin á II Guerra Mundial, matando a 200.000 persoas instantaneamente. En calquera caso, é a presente nos reactores das centrais nucleares, que utilizando isótopos radiativos moi inestables do uranio, acaparan o 6% da produción enerxética a nivel global, sendo en torno ao 80% de proveniencia non renovable. O fundamento desta estatística reside no medo a un novo Chernóbil ou Fukushima que desemboque nun cataclismo (con todo, dise que a URSS posuía a suficiente cantidade de plutonio para desestabilizar en caso de colapso o eixe de rotación terrestre) e na problemática moral do legado ás futuras xeracións de residuos nucleares moi contaminantes (24000 anos pode chegar durar a irradiación de determinados elementos). Pola outra banda, a fusión nuclear é o proceso mediante o cal as estrelas obteñen enerxía obtendo núcleos de helio a partir de hidróxeno, coma se dun gran forno atómico se tratase. A celebérrima e romántica máxima de Carl Sagan "we are star dust" precisamente vén a significar que todos os elementos que nos constitúen proveñen da reacción de fusión que tomou lugar nunha estrela. Está en proceso simular as condicións precisas para obter enerxía deste xeito. Só cabe sinalar que é necesaria a obtención dunha temperatura que ronda os 15 millóns de graos Celsius.

En suma, facer referencia ás verbas de Lord Kelvin: "toda a ciencia é física ou filatelia". O que nos quixo dicir el, entre outros (tamén se lle atribúe a autoría desta cita a Rutherford) é que non podemos falar daquilo que non se pode medir; pois isto é o que nos fai precisamente persoas. Nin cabe ningunha sorte de apreciación subxectiva, porque senón, remataremos por perder o xogo. O xogo que se chama progreso.

18 de novembro de 2014

Unha risadela matemática

Foto: Madridmasd

Grazas á Asesoría de BBEE, soubemos deste video. Eduardo Sáenz de Cabezón, matemático e profesor da Universidad de La Rioja, gañou con monólogo Las matemáticas son para siempre o Concurso Internacional de monólogos científicos, convocado pola Fundación Española para la ciencia y la tecnología (FECYT).

Proba e puntúa con: sorrisiño, sorriso, risiño, risadela, riso, risada, risallada, gargallada.
 

15 de novembro de 2014

Até logo, señor Gadner

Desde o seu centenario ata hai uns días, mantivemos unha pequena exposición homenaxe a Martin Gardner. As súas obras dispoñíbeis no catálogo, algúns dos seus paradoxos... e, para acompañalos, seleccionamos vinte e un (21) libros 51-8, (é dicir, de Matemáticas recreativas. Xogos e enredos matemáticos), aqueles que nos pareceron máis adecuados para os menos expertos.


Estes foron os vinte e un elixidos:

  • ÁVILA, Constantino (2010): Aventuras matemáticas: En busca del código secreto. Brief. Valencia
  • BERRONDO-AGRELL, Marie (2008): 100 enigmas matemáticos. CEAC. Barcelona
  • CABANA GONZÁLEZ, Andrés Enrique [el alt.] (2008): El diariomático y el mateconcurso. Nivola. Tres Cantos (Madrid)
  • CAPÓ DOLZ, Miquel (2007): ¡Atrévete con las mates!: Problemas para valientes. El Rompecabezas. Madrid
  • CAPÓ DOLZ, Miquel (2007): ¡Disfruta con las mates! : los problemas más interesantes. El Rompecabezas. Madrid
  • CAPÓ DOLZ, Miquel (2008): El país de las mates: : un problema para cada día del... invierno. El Rompecabezas. Madrid
  • CERASOLI, Anna (2009): La sorpresa de los números. Maeva. Madrid
  • COLLANTES HERNÁEZ, Joaquín & PÉREZ SANZ, Antonio (2007): Matecuentos, cuentamates. Nivola. Tres Cantos
  • COLLANTES HERNÁEZ, Joaquín (2009): Matecuentos, cuentamates 2. Nivola. Tres Cantos
  • GALIÑANES, Emilio R. (1991): Hai que roelo, 1. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela
  • GALIÑANES, Emilio R. ( 1991): Hai que roelo, 2. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela
  • GARDNER, Martin (1998): Matemática para divertirse. Juan Granica. Buenos Aires
  • GUZMÁN, Miguel de (2003): Cuentos con cuentas. Nivola. Tres Cantos Madrid
  • MUÑOZ SANTONJA, José (2003): Ernesto, el aprendiz de matemago. Nivola. Madrid
  • MEDRANO, Carlos L. (2011): Sherezade : novos relatos de pensamento creativo. tresCtres. Santa Comba
  • NAVARRO, Àngels (2004): In?enios. El Aleph. Barcelona
  • NAVARRO, Àngels (2003): In?enio2. El Aleph. Barcelona
  • NAVARRO, Ángels (2004): In?enio3. El Aleph. Madrid
  • NORMAN, L.C. (2000): El país de las Mates para expertos. Nivola. Madrid
  • NORMAN, L.C. (2000): El país de las Mates para novatos. Nivola. Madrid
  • VALLEJO-NÁGERA, Alejandra (2002): ¿Odias las Matemáticas?. Martínez Roca. Barcelona
 

6 de novembro de 2014

Encontro con... Ramón Cid

O xoves 13 de novembro falaremos sobre Enerxía nuclear no salón de actos co profesor e divulgador Ramón Cid Manzano.


4 de novembro de 2014

Exposición: a enerxía móvenos

A exposición de "La energía nos mueve" do CSIC, composta por dezanove carteis (que decargamos e imprimimos), leva uns días na entrada do instituto.


Tal e como adoitamos, elaboramos un tríptico guía para axudar o alumnado a ler algunhas cousas.


A novidade é que, deste golpe, os de primeiro e segundo poderán contestar na Aula Virtual.
-

3 de novembro de 2014