25 de xaneiro de 2013

Caos: Unha aventura matemática


CHAOS é un filme matemático realizado en nove capítulos de trece minutos cada un. Trátase dunha película sobre os sistemas dinámicos, o efecto bolboreta e a teoría do caos. A película difúndese baixo licenza  Creative Commons e está producida por Jos Leys, Étienne Ghys e Aurélien Alvarez.



Podemos ver e descargar cada un dos capítulos en varios idiomas. Entre eles, o castelán.

Aquí tedes o primeiro capítulo.

Caos I : Panta Rei

Pode a ciencia axudarnos a previr o futuro? Formulado por Laplace, o  determinismo dominou durante longo tempo o pensamento científico.




O resto dos capítulos.

Se queredes ligar directamente aos demais capítulos aquí tedes as ligazóns:
Caos 2: Campos de vectores
Caos 3: Mecánica: la manzana y la luna
Caos 4: Oscilaciones: el columpio
Caos 5: El toro de Duhem
Caos 6: El caos y la herradura
Caos 7: Atractores extraños: el efecto mariposa
Caos 8: Estadística: el molino de Lorenz
Caos 9: La investigación hoy

Tamén, claro, podédelo ver na versión orixinal francesaen inglés, en alemán ou en italiano.  

23 de xaneiro de 2013

Toc-toca: Un indicador de pH

A primeira experiencia (ou primeiro experimento, depende de como se mire) consistiu na obtención dun indicador de pH a partir dunha col lombarda

Ana elaborou unha presentación para orientar o proceso:



Ela e Esther acompañaron as alumnas científicas, que xa o explican de marabilla: